Universidade de Beijing
A Universidade de Beijing (en chinés simplificado: 北京大学; pinyin: Běijīng dàxué) é unha universidade pública situada en Haidian, Beijing, na República Popular da China. Depende do Ministerio de Educación da China. Forma parte dos proxectos 211 e 985. Tamén pertence á Liga C9.
O emperador Guanxu fundou a entón chamada Universidade Imperial de Beijing en 1898 mediante decreto imperial, polo que se trata da segunda universidade máis antiga da China, despois da Universidade de Tianjin (creada en 1895). En maio de 1912, o goberno da República da China renomeou a institución como Universidade de Beijing. Uniuse coa Universidade Yenching durante a reestruturación nacional de universidades e academias de 1952. En abril do 2000, a Universidade Médica de Beijing integrouse tamén na Universidade de Beijing.[1]
O centro consta de seis facultades: Humanidades, Ciencias Sociais, Economía e Administración de Empresas, Ciencias, Enxeñaría e Tecnoloxías da Información, e Ciencias da Saúde. Estas divídense en 55 escolas e departamentos, 60 entidades de investigación e 10 hospitais asociados.[1] En 2017 a institución constaba de 76 membros da Academia Chinesa de Ciencias, 19 da Academia Chinesa de Enxeñaría e 25 da Academia Mundial de Ciencias.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gong, Qihuang (2025). "Message from the President". Universidade de Beijing (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2025.
- Universidade de Beijing (2017). "北京大学 2017 年基本数据" (PDF). Universidade de Beijing (en chinés). Consultado o 25 de agosto de 2025.