Saltar ao contido

Recife

Recife
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Parte de
 Nome orixinal
Recife (pt-br) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Recife (pt) Editar o valor en Wikidata
 Himno
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: prefeito de Recife (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
Datas
 Fundación / creación
1537 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.488.920 (2022)
1.422.905 (2000)
1.617.183 (2015)
1.555.039 (2012)
1.537.704 (2010)
1.625.580 (2016)
1.653.461 (2020)
1.661.017 (2021)
1.546.516 (2011)
1.549.980 (2008)
1.561.659 (2009)
1.587.707 (2024)
1.588.376 (2025)
1.599.513 (2013)
1.608.488 (2014)
1.625.583 (2016)
1.633.697 (2017)
1.637.834 (2018)
1.645.727 (2019)
1.060.701 (1970)
1.203.887 (1980)
1.298.229 (1991)
116.671 (1872)
111.556 (1890)
113.106 (1900)
238.843 (1920)
348.424 (1940)
524.682 (1950)
797.234 (1960)
1.084.459 (1970)
1.240.937 (1980)
1.296.995 (1991)
1.421.993 (2000) Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
   0,772 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   218,843 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   6 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
Código postal50000-000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap303585 Editar o valor en Wikidata
VIAF139542504 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0hdzt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: prefrecife Instagram: prefeiturarecife BNE: XX459009 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Recife é a capital do estado de Pernambuco e está situada no litoral brasileiro. Tiña unha poboación de 1.422.905 habitantes segundo o censo de 2000.

Predios do Centro da cidade do Recife.
Artigo principal: Historia urbana do Recife.
Vista de Maurícia (Recife), baixo o dominio neerlandés. Imaxe baseada en deseño de Franz Post, de 1645.

Recife foi fundada polos portugueses en 1537 e ocupada polos neerlandeses en 1630. Naquela época, Portugal, e así tamén o Brasil, estaban baixo o dominio de España, da cal Holanda era inimiga. Despois da restauración da coroa portuguesa, os holandeses permaneceran no Recife, e só foron expulsos totalmente no 1654. No período holandés, Recife coñeceu alguna tolerancia relixiosa (pois os holandeses, de relixión protestante, tiñan que convivir cos portugueses católicos, e precisaban da axuda dos comerciantes portugueses, moitos deles xudeus). Desta época data a primeira sinagoga das Américas, situada hoxe no barrio do Recife Antigo.

Menos de 60 anos despois do retorno ó dominio portugués, Recife coñecería outra guerra: a chamada Guerra dos Mascates (1710 - 1712), entre señores de terras de produción de cana de azucre de Olinda e os comerciantes portugueses do Recife. Cando a administración de Recife foi emancipada de Olinda, os señores de terras non aceptaron e atacaron a cidade. A guerra terminou coa intervención de tropas portuguesas, a cal resultou na vitoria dos recifenses, pero o sentimento antilusitano instalouse na vila de Pernambuco.

No século XIX a cidade foi escenario doutras tres revoltas en menos de 50 anos, todas de carácter liberal ou republicano: a Revolta de 1817, a Confederación do Ecuador en 1824 e a Revolución Praieira de 1848 a 1850. Tamén no século XIX a cidade creou a súa Facultade de Dereito, unha das primeiras instaladas no Brasil, a cal aumentou o seu prestixio e incentivou as actividades de intelectuais.

Recife ten un clima tropical con alta humidade relativa do ar. A súa temperatura varía pouco durante o ano pola súa proximidade ao mar. Xaneiro é o mes máis quente, co temperaturas máximas de 30 °C e mínimas de 25 °C e sol intenso. Xullo é o mes máis frío, con temperaturas máximas de 27 °C e mínimas de 22 °C e moita chuvia.

Economía

[editar | editar a fonte]
Vista de Recife, co seu barrio antigo (á esquerda) e a parte moderna.

As súas actividades económicas principais son o seu diversificado comercio e os servizos (incluíndose actividades ligadas ó lecer, adminstración pública e turismo). O seu antigo porto hoxe é pouco usado, sendo máis importante economicamente o porto de Suape, situado a 40 km ao sur. Hai algunhas industrias no territorio do municipio, pero a maioría das fábricas sitúanse en cidades veciñas.

Rúa de Recife Antigo.

Lugares salientables son a praia de Boa Viagem, o barrio do Recife Antigo e as súas construcións, as súas igrexas e fortes antigos (como o Forte Cinco Pontas e a Fortaleza do Brum) e a feira de Artesanato na Casa de Cultura (onde antes funcionaba un presidio, dende o que se pode mirar, na outra marxe do río Capibaribe, a Rúa da Aurora e as súas casas antigas. Próxima do Recife está a cidade de Olinda, cuxa parte antiga é considerada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.

Carnaval no Recife.

Non se pode tamén esquecer o seu Carnaval, que non ten no samba a súa música, pero si o frevo, un ritmo rexional de Pernambuco.

Como opcións de hospedaxe hai diversos hoteis de alto padrón de redes internacionais, e outros máis antigos ou máis simples. O seu aeroporto recibe voos dende Europa (principalmente de Portugal). Recife é tamén punto de partida para visitar cidades lindeiras, como Itamaracá, Olinda, Jaboatão dos Guararapes e o distrito de Porto de Galinhas, na cidade de Ipojuca.

Instituto Ricardo Brennand.

O Recife é berce de escritores, poetas, músicos e varios artistas de moitas formas de expresión. Manuel Bandeira, João Cabral de Melo Neto e Carlos Pena Filho son nomes da poesía do Brasil que retrataron o Recife nas súas obras. Alén da poesía, no municipio naceron nomes como Nélson Rodrigues e Gilberto Freyre na literatura, Lenine, Antônio Nóbrega, Robertinho do Recife e Reginaldo Rossi na música, Francisco Brennand, Vicente do Rego Monteiro e Lauro Villares nas artes plásticas, entre outros.

Parque das Esculturas de Francisco Brennand

O municipio posúe varios museos, centros culturais e institucións que promoven as creacións artísticas e culturais tales como a centenaria Academia Pernambucana de Letras, Academia de Artes e Letras de Pernambuco e o Instituto Ricardo Brennand, un dos máis importantes museos do Brasil que abriga unha importante colección de gravadas e outras obras de arte do século XVII sobre o Brasil.

As manifestacións culturais máis relevantes de Pernambuco ocorren na capital, resaltando o Movimento de Escritores Independentes de Pernambuco que na década de 1980 reuniu gran número de poetas. O Abril Pro Rock, onde naceu o movemento Manguebit, revelador nacional de bandas como Nação Zumbi e Mundo Livre S/A.

Interior do Teatro de Santa Isabel.

O frevo naceu no municipio hai máis de cen anos e durante o Carnaval do Recife é o ritmo musical máis común con bloques como o Galo da Madrugada.

Entre os museos destaca o Museo do Estado de Pernambuco que garda acervo histórico sobre o estado e a cidade, o Museo da Cidade do Recife que instalado no Forte das Cinco Pontas conta boa parte da historia do Recife e o Museo da Abolición que foi creado no 1957 polo goberno federal para contar a historia dos escravos no Brasil e a abolición.

O Teatro Santa Isabel é o principal teatro do Recife, formando un importante conxunto arquitectónico e paisaxístico na Praza da República, canda o Palacio do Campo das Princesas, Palacio da Xustiza e o Liceo de Pernambuco.

Os principais atractivos turísticos da capital pernambucana son as súas tres praias: Boa Viagem (Boa Viaxe), Pina e Brasília Teimosa.

Estadio do Arruda no Recife.

O deporte máis popular do lugar é o fútbol. O Campeonato Pernambucano de Futebol dispútase desde 1915, tendo como campión sempre un equipo da capital. Os principais equipos son o Sport Club do Recife, o que máis títulos ten (40), o Clube Náutico Capibaribe, o que máis veces consecutivas gañou (hexacampión), e o Santa Cruz Futebol Clube. O municipio foi a única subsede nordestina na Copa do Mundo FIFA de 1950, e será unha das sedes da Copa do Mundo de 2014 [1].

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2009. Consultado o 14 de setembro de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]