Durmitor
| (sr) Дурмитор | ||||
| Tipo | cordilleira | |||
|---|---|---|---|---|
| Localizado na área protexida | Parque Nacional de Durmitor | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Žabljak, Montenegro (pt) | |||
| ||||
| Cordilleira | Alpes Dináricos | |||
| Características | ||||
| Altitude | 2.523 m | |||
| Punto máis alto | Bobotov Kuk | |||
| Superficie | 350 km² | |||
Durmitor (en montenegrino: Дурмитор) é un macizo situado no noroeste de Montenegro. Forma parte dos Alpes Dináricos. O seu pico máis alto, Bobotov Kuk, alcanza unha altura de 2523 m.
O macizo está limitado polo Canón do río Tara ao norte, o Canón do río Piva ao oeste e polo Canón do río Komarnica ao sur. Ao leste, o Durmitor ábrese a unha meseta de 1500 m de altura, chamada Jezerska površ (Meseta dos Lagos). O monte Sinjavina está situado ao leste da meseta de Jezerska površ. O Durmitor atópase na súa maior parte no concello de Žabljak.
O macizo dá nome ao parque nacional que o comprende. O Parque Nacional de Durmitor fundouse en 1952 e designouse como Patrimonio da Humanidade en 1980.
Picos
[editar | editar a fonte]
O macizo ten 48 picos por riba dos 2000 m. Os picos máis altos son:
- Bobotov kuk 2523 m
- Bezimeni vrh (Pico sen nome) 2487 m
- Šljeme 2455 m
- Istočni vrh Šljemena (Pico leste de Sljeme) 2445 m
- Soa / Đevojka 2440 m
- Milošev tok 2426 m
- Bandijerna 2409 m
- Rbatina 2401 m
- Monte Lučin 2396 m
- Prutaš 2393 m
- Minin bogaz 2380 m
- Planinica 2330 m
- Kobilja glava 2321 m
- Savin Kuk 2313 m
- Šupljika 2310 m
Lagos
[editar | editar a fonte]Características de Durmitor: 18 lagos glaciares, esparexidos polo macizo montañoso e a meseta de Jezerska Površ. Os lagos engaden unha gran beleza á montaña e foron alcumados "Gorske Oči", ou "ollos da montaña".[1][2]
Nome
[editar | editar a fonte]Unha teoría sobre o nome Durmitor é que deriva do romanés, que significa "lugar para durmir" (cognado co galego dormitorio) e que foi dado polos colonos romanesos na Idade Media. Hai montañas con nomes semellantes, como Visitante (cf. visător 'soñador') e Cipitor (cf. ațipitor 'durmiente') en toda a antiga Iugoslavia.[3]
Outra teoría é que o nome foi dado polos celtas, e o significado sería calquera cousa desde "auga da montaña" ata "montaña con cristais".Modelo:Fonte? Tendo en conta a duración do tempo que os antigos celtas pasaron por esta parte e polo río Tara (Tara tamén é unha deusa celta),Modelo:Fonte? sendo o seu nome de orixe celta, é moi posible que "Durmitor" sexa un nome de orixe similar. O río Zeta tamén ten un nome de orixe celta ("Ser querido").Modelo:Fonte?
Parque nacional
[editar | editar a fonte]O Parque Nacional de Durmitor, creado en 1952, inclúe o macizo de Durmitor, os canóns dos ríos Tara, Sušica e Draga e a parte superior da meseta do canón de Komarnica, cubrindo unha área de 390 km². É a maior área protexida de Montenegro e inscribíuse na lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1980.[2]
Con 80 km de longo e 1300 m de profundidade, o Canón do río Tara no Parque Nacional de Durmitor é o desfiladeiro máis profundo de Europa.[2][4]
Turismo
[editar | editar a fonte]O monte Durmitor é o centro do turismo de montaña montenegrino. As instalacións turísticas concéntranse arredor da cidade de Žabljak.[2][4] No inverno, as principais actividades en Durmitor son o esquí e o snowboard. No verán, as actividades cambian a sendeirismo, montañismo e turismo recreativo. Tamén se practican deportes acuáticos na zona.[5] Algunhas das atraccións máis destacadas da montaña Durmitor son 18 lagos glaciares, o máis coñecido dos cales é o Lago Negro e o pico da montaña Stožina.[6]
Galería
[editar | editar a fonte]- Parque nacional de Durmitor
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ "Lagos - Durmitor". durmitorcg.org. Consultado o 27 de outubro de 2017.}
- 1 2 3 4 "Durmitor National Park". whc.unesco.org. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ Room Adrian (2004) "Placenames of the World: Origins and Meanings of the Names for Over 5000 Natural Features" ISBN 0-7864-1814-1 p. 112.
- 1 2 "Durmitor National Park". nationalgeographic.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ "Durmitur National Park Montenegro" (PDF). unep-wcmc.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ "Black Lake". lonelyplanet.com. Consultado o 27 de outubro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Durmitor |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Alpinismo
[editar | editar a fonte]- Poljak, Željko (February 1959). "Durmitor". Kazalo za "Hrvatski planinar" i "Naše planine" 1898—1958 (PDF). Naše planine (en croata) XI. p. 25. ISSN 0354-0650.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]- Šašić, Martina; Nahirnić, Ana; Tarmann, Gerhard M. (2016-12-31). "Zygaenidae (Lepidoptera) in the Lepidoptera collections of the Croatian Natural History Museum". Natura Croatica: Periodicum Musei Historiae Naturalis Croatici 25 (2): 233–248. doi:10.20302/NC.2016.25.19. eISSN 1848-7386. Parámetro descoñecido
|eissn=ignorado (Axuda)
