Saltar ao contido

Digital Research

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Digital Research
Logotipo
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
 Industria
 Produto ou servizo
Implicados
 Fundador/a
 Director/a executivo/a
Datas
 Fundación / creación
1974 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1991 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF248251560 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0l_4b Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Digital Research, Inc. (abreviada DR ou DRI; orixinalmente Intergalactic Digital Research) foi unha empresa estadounidense creada en 1974 por Gary Kildall e a súa esposa Dorothy McEwen, en Pacific Grove, California, para desenvolver e comercializar o sistema operativo CP/M e produtos relacionados.[1] A DR foi a primeira grande industria de software no mundo das microcomputadoras.[2] Non se debe confundir Digital Research con Digital Equipment Corporation: as dúas empresas non estaban afiliadas.

Venda a Novell

[editar | editar a fonte]

O éxito de DR-DOS levou a Novell a interesarse pola empresa, que adquiriu en 1991. Non obstante, o CEO de Novell, Ray Noorda, cambiou de opinión máis tarde, decidindo non competir con Microsoft no mercado dos sistemas operativos de escritorio, e a experiencia de DRI neste campo non foi aproveitada.[3]

En 1994, Noorda deixou Novell. Ese mesmo ano, o seu grupo, Canopy Group, financiou a fundación de Caldera Systems, que en 1996 adquiriu todos os dereitos de DRI de Novell, incluídos os de DR-DOS.[2] Despois da adquisición, Caldera demandou a Microsoft por conduta monopolística no mercado dos sistemas operativos e por erixir barreiras de software para impedir o uso de Windows en sistemas distintos de MS-DOS.[4] O caso, que se xulgou no ano 2000, deu a razón ás alegacións de Caldera e ordenouse a Microsoft pagar a Caldera uns danos estimados entre 150 e 200 millóns de dólares.[3][5]

  1. Swaine, Michael (primavera de 1997). "Gary Kildall and Collegial Entrepreneurship". Dr. Dobb's Special Report (en inglés). Consultado o 2026-01-30.
  2. 1 2 "Sitio conmemorativo de Digital Research" (en inglés). Consultado o 2026-01-30.
  3. 1 2 Joe Wein (ed.). "About Digital Research, Inc" (en inglés). Consultado o 2026-01-30.
  4. "Caldera contra Microsoft" (en inglés). Consultado o 2026-01-30.
  5. "Caldera contra Microsoft - Final" (en inglés). Consultado o 2026-01-30.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.